abril 26, 2011

Os políticos galegos responden: eles SI usan Twitter


Onte comezamos a campaña "Politicos Galegos, ¿estades ahi?", onde invitamos os políticos galegos con conta en Twitter a que nos demostrasen que son eles mesmos os que realmente xestionan as súas contas.

E xa temos os primeiros resultados:

Yoya Neira (@YoyaNeira)
A concelleira de transportes do Concello da Coruña respondíanos os poucos minutos.




Luz Ponte (@LuzPonteEU)
Case o mesmo tempo que Yoya tiñamos contastación de Luz, a responsable de comunicación de Esquerda Unida da Coruña. Certificado que non ten un Community Manager currando ata as 12 da noite :D



José Manuel Lage (@jmlage)

Uns minutos despois engadíase a conversa (estabamos Yoya, Luz e alguns twitteiros máis falando) José Manuel Lage, deputado polo PSdeG.

Faustino Batallán (@fbatallan)

Faustino, membro do PPdeG contactou tamén con nós, suxeriunos contas de políticos galegos e incluso se prestou a ensinarnos as Fervenzas de Barosa en Barro, o seu pobo.

Manuel Baltar (@ManuelBaltar)
Durante a semana pasada adicamonos a conseguir diferentes contas de Twitter de políticos e a primeira resposta que tivemos foi a de Manuel Baltar. Manuel e o Vicepresidente do Parlamento Galego e o Presidente Provincial do PP de Ourense

José Lopez Orozco (@jlopezorozco)
A resposta máis currada ata o momento chegábanos hoxe por parte do Alcalde de Lugo, que se tomou as molestias de incluso grabar un video respondendonos.




Gracias a todos pola vosa participación (mención especial para José que se currou o video) e invitamos os lectores a que faledes con estes políticos que si están activamente detrás do seu Twitter.

Do resto seguimos a espera!

Entradas Relacionadas